1) Indica se son verdadeiras ou falsas as seguines oracións:
- Os únicos habitantes da
Península Ibérica que lograron resistir o avance dos exércitos musulmáns
durante o século VIII foron os da zona de levante.
- Nos territorios montañosos
da Cordilleira Cantábrica e dos Pirineos creáronse reinos e condados
cristiáns.
- A primeira zona que iniciou
un lento pero continuo proceso de expansión arrebatando territorios a
Al-Andalus foi a do Norte peninsular.
- Os reinos e condados do
Norte peninsular lograron consolidar poderosas monarquías grazas á
reconquista.
- O territorio de Galicia
sempre formou parte do reino de Castela
- O culto ao apóstolo Pablo
deu orixe ao Camiño de Santiago.
- O Camiño de Santiago serviu
para difundir as correntes económicas e políticas da cristiandade
occidental.
- O Camiño foi positivo para Galicia.
2) Quen foi Pelaio e que fazaña se lle atribúe?
3) Cando e con que finalidade se creou o Camiño de Santiago?
4) Que pasou cos territorios actuais de Navarra, Aragón e Cataluña tras a morte de Carlomagno?
5) Quen gobernada os condados da fronteira sur do Reino Franco? Como se lle chamaba a este territorio?
6) Que aconteceu na batalla de Roncesvalles?
7) Indica de quen falamos:( Afonso III, Al-Mansur, Fernán González, Fernando I, Sancho I ou Ordoño II)
- Ø Caudillo andalusí que atacaba cidades cristiás mediante rápidos e violentos saqueos
- Ø Conde que unificou os condados casteláns e declarou o seu título hereditario
- Ø Foi un dos impulsores máis destacados da Reconquista
- Ø Primeiro rei de Castela e León
- Ø Rei de Pamplona que designou ao seu fillo conde de Castela
- Ø Trasladou a corte do reino de Asturias a León
8) Explica quen foi Sancho III e como se distribuíu a súa herdanza.
9) Como se facían as repoboacións nos territorios cristiáns na época da reconquista?
10) Cales eran as actividades económicas que se practicaban en Galicia entre os séculos VIII-XIII?
10) Cales eran as actividades económicas que se practicaban en Galicia entre os séculos VIII-XIII?